
 
|
|
UN HOME BO E XENEROSO
Trives homenaxou este mércores ao mestre da vila, Julio Vázquez. O acto contou coa participación de moitos veciños e veciñas que encheron o auditorio da vila e fixeron presente a pegada imborrable do mestre de moitas xeracións de triveses e trivesas. Todo comezou ás 20 horas da man da sobrina de Julio Vázquez, Julia Vázquez, que lembrou os rasgos dunha personalidade carismática, extrovertida e xenerosa. Logo as súas alumnas de teatro representaron algunha das pezas dramáticas que dirixiu Julio. No patio de butacas estaba unha representación das distintas xeracións de veciños e veciñas que se emocionaron, sorriron e fixeron presente ao mestre da vila.
AUDITORIO JULIO VÁZQUEZ
Ao rematar o acto a sobriña de Julio Vázquez, por invitación do alcalde, Francisco José Fernández, descubriu a bandeira galega que tapaba o nome da casa da cultura que pasou a chamarse: AUDITORIO JULIO VÁZQUEZ. O rexedor, na súa interveción, xustificou a decisión do equipo de goberno de "investir" ao auditorio co nome do maestro. Según Fernández: "Julio foi un home que despertou a conciencia crítica e a cidadanía militante nos seus alumnos". Na súa alocución non se esqueceu de recordar o seu "compromiso ético, social e político" e comprometeuse a impulsar ese "futuro posible polo que loitou Julio Vázquez". A sobriña de Julio Vázquez fixo visible a emoción da familia de Julio polo recoñecemento sentido de toda a vila cara o seu tío. Tras retirar a bandeira galega dirixiouse aos veciños para dicir: "Estaría moi contento de ver o que está sucedendo hoxe na Pobra de Trives" Tralo remate do acto cívico, presidido polos veciños e veciñas da vila, depositouse un ramo de flores na columna central do Auditorio en recordo e agradecemente a un home "bo e xeneroso".
|