OS BOLECHAS VISITAN TRIVES PARA QUEDARSE

   

  

 

 UN CONVITE A PARTICIPAR NA AVENTURA

 

 

A Pobra de Trives convértese no escenario elixido polo ilustrador e autor de contos infantís, Pepe Carreiro, para dar continuidade as aventuras dos Bolechas. Neste caso a banda de rapaces máis coñecidos polos nenos e nenas galegas chegan ao Macizo Central onde protagonizarán múltiples aventuras nos espazos máis senlleiros da comarca.
Os cativos de Carreiro comezan a súa andaina na Estación de Esquí de Cabeza de Manzaneda e percorrerán distintos espazos da vila como o pazo da Marquesa, a praza do Pilón ou mesmo quedarán abraiados coa ponte Bibei.
O libro conta con ilustracións e textos de fácil lectura. Ademais ao final garda espazo para que os cativos e cativas coloreen e interactúen cos Bolechas. O Concello da Pobra de Trives colabora na proposta literaria e artística de Pepe Carreiro para dar a coñecer ao resto do país os recursos turísticos da vila. Desta volta o alcalde, Francisco José Fernández, considera que “é unha iniciativa necesaria que ten como destinatario aos nenos e nenas e que serve para que Trives se convirta nun reclamo en diferentes tipos de público”.

 
Compartir Face
 

  

 

logo CIM 2018