UN PASO ADIANTE POLA LINGUA
![]() |
A FORZA DA MOCIDADE EN PROL DO GALEGO A marcha do centenar de escolares triveses a prol do uso da lingua galega comezou ás 10:15 da mañá dende a praza do Reloxo e rematou tras dar varias voltas polas vellas rúas de Trives. A decisión do Concello de organizar o Correlingua estivo motivada pola celebración do Día das Letras o 17 de maio e por considerar que os nenos e nenas son a semente do noso idioma e o futuro da vila. Os alumnos de ESO chegaron á praza do Reloxo acompañados polos seus profesores e cunha pancarta propia que reproducía o lema do Correlingua “Galego, un paso adiante”. Os máis pequenos de Educación Infantil e Primaria tamén sumáronse á festa cultural e deportiva. Ao rematar a carreira todos os alumnos fixeron fotos con carteis reivindicativos da fala e a cultura propia de Galicia. Os nenos e nenas de Trives estiveron acompañados polo alcalde da vila, Francisco José Fernández, e pola concelleira de Mocidade, Marta Domínguez. Para o rexedor a organización deste acto “é unha mostra do compromiso do coa cultura e a lingua propia”. Fernández destacou que “Trives convertiuse no primeiro municipio do oriente ourensán en organizar un Correlingua e sumarse á marea que percorre o país”.
|