EMPREGO E OPORTUNIDADES PARA AS MULLERES
![]() |
O Concello da Pobra de Trives resultou adxudicatario do progama Aurora do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade. Trátase dun instrumento deseñado polo Goberno de España para mellorar a participación social e laboral das mulleres, facilitar a súa incorporación ao mercado laboral e a súa actividade económica e fomentar a súa contribución a viabilidade social do territorio. Para levar a cabo está actividade o Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, subvencionará a contratación de persoal formado para pór en marcha o progama estatal. O programa ten dúas fases. Na primeira trabállanse aspectos persoais tales como as necesidades e demandas individuais, motivación, autoestima para abordar nunha segunda fase a incorporación ou a reincorporación ao mercado laboral. O alcalde da Pobra de Trives, Francisco José Fernández Blanco, valorou moi positivamente a posta en marcha desta iniciativa que “é unha mostra máis do compromiso do Concello coa búsqueda de recursos que contribúan á posta en marcha de políticas de igualdade”. Neste caso “consideramos unha prioridade dinamizar todas as actividades que contribúan a fomentar a participación das mulleres na vida social e económica da vila”. |