“Trives está de Moda” II Desfile rompendo estereotipos na moda e fomentando o comercio local

Compartir

“Trives está de Moda” II Desfile rompendo estereotipos na moda e fomentando o comercio local

Na tarde do sábado 11 de xuño, tiña lugar o II Desfile “Trives está de moda” na praza do Reloxo ás 8 da tarde.
A iniciativa está promovida dende o CIM (Centro de Información á Muller) do Concello de Trives xunto cos distintos comercios da vila; Tendas de roupa:Vázquez Moda, Marnia, Deportes Matías, Mercería Puri; perruquerías: Triskel, Mariluz e Filo, floristerías La Rosa e tenda de fotografía Codifoto. A música e megafonía foi colaboración de Disco Bady.
No evento desfilaron sobre a pasarela arredor de medio cento de veciños de tódalas idades, tentando romper cos canons de beleza establecidos e por outro lado fomentando o comercio local.
A praza foise enchendo segundo se achegaba a hora do acto e centos de persoas ollaron e disfrutaron desta segunda edición do desfile.