Noite de Magosto, noite de Festa

Compartir

Noite de Magosto, noite de Festa

Na tardiña do sábado 14 de novembro o Concello de A Pobra de Trives festexa o Magosto.
Ás 18:30h en Santa Leonor as castañas asadas serán as protagonistas. Acompañadas de viño, chourizos, empanada e bica, farán que todos os veciños pasen un agradable rato de troula e diversión ata ben entrada a noite.
A Banda de Gaitas " Os Trintas" será a encargada de amenizar a festa e ademáis tamén haberá discoteca móvil para que ninguén quede sen bailar o día do Magosto.