O outono é a estación ideal para pasear cos nenos polos bosques. Este é o plan que nos dan dende a Oficina de Turismo para a mañá do sábado 14, unha ruta cos máis pequenos polos Sequeiros para que disfruten da natureza, exploren e investiguen sobre o outono, o seu colorido, a caída das follas...
Dende escoitar o son das follas mentres as pisamos a facer un colchón con elas ou mesmo recollelas para facer xogos.
Un plan que ademáis de ser divertido para os nenos tamén é para compartilo coa familia aumentando así o seu desenvolvemento emocional reforzando vínculos entre pais e fillos, onde disfrutan tanto adultos coma nenos.
O sábado 14, ás 11 da mañá as traballadoras da Oficina de Turismo guiarán dende a Penafolenche un agradable paseo de aproximadamente 3 quilómetros descubríndolle aos cativos a maxia do outono no bosque. Esta actividade será para maiores de tres anos.