O festexo do magosto na Pobra de Trives estivo rodeado de actividades e veu acompañado polo bo tempo.
O venres pola tarde un grupo de nenos participaban no obradoiro "Dalle vida ás castañas". Unhas horas de diversión para nenos e pais formando simpáticas e orixinais figuras coas castañas e outros materiais.
Na mañá do sábado daba comenzo ás 11, o "Sendeiro Miúdo" polos Sequeiros. Pequenos e non tan pequenos disfrutaron dun camiño que deu para correr, xogar cas follas, comer algunha castaña, contar contos ou mesmo cantar.
Un fermoso e despexado día que fixo que as vistas dende o mirador da Penafolenche foran espectaculares.
Xa pola tarde, despois de recoller follas para as actividades, ás seis a ludoteca abría as súas portas con manualidades e entretemento para os cativos.
Ao mesmo tempo, no patio Santa Leonor celebrábase o magosto.
Castañas, viño, chourizos asados, empanadas, bicas e a degustación de todas as sobremesas participantes no concurso de doces, fixeron as delicias das arredor de 400 persoas que se achegaron a celebralo.
A festa estivo amenizada pola Banda de Gaitas Os Trintas e finalmente a discoteca móvil fixo bailar animadamente a todos.