Día das Letras Galegas

Compartir

Día das Letras Galegas

O domingo 17 de Maio festexamos o Día das Letras Galegas cun "Correlingua".
Unha carreira en prol do idioma.
Unha proposta de carácter lúdico - deportivo na que ademáis da carreira polo Casco Vello da Vila, haberá actividades para os máis pequenos, lecturas de textos de Xosé Filgueira Valverde e solta de globos.
Todo isto terá lugar o domingo 17, ás 11 da mañá na Praza do Reloxo.