Desfile de Moda o venres día 12 de Xuño, ás 19:30h. na Praza do Reloxo.
O evento está organizado polo CIM (Centro de Información da Muller), co fin de romper canóns ou estereotipos e resaltando que na diversidade está a beleza.
Colaboran as tendas de roupa, complementos, estética, perruquería, floristería e fotografía de Trives.
Tamén contará o desfile con actuacións a cargo do Ximnasio Trivesport.