O vindeiro venres, día 13 de maio, o Concello de A Pobra de Trives celebra o Correlingua.
Unha carreira en prol do idioma, é unha proposta de carácter lúdico-educativo que pretende convidar á mocidade e aos centros de ensino a participar nun acto público de reivindicación do dereito a medrar en galego e tamén a exercer de maneira efectiva como galegos e galegas a través do uso do noso idioma, única forma de garantir o seu futuro.
A actividade terá lugar ás 12 da mañá do venres na Praza do Reloxo.