Contacontos con Valores
O sábado 24 de Outubro é o Día Internacional da Biblioteca.
Dende a Biblioteca Municipal de A Pobra de Trives tamén o quixemos festexar.
O evento tiña lugar o xoves, día 22, ás cinco da tarde no Museo da Escola e da Infancia. Un contacontos cargado de valores foi o elexido para esta data. Representamos unha adaptación da obra "O xigante egoísta" de Oscar Wilde.
Arredor de 30 persoas entre pais e nenos foron os asistentes á cita, onde ademáis de disfrutar da representación teatral, os pequenos tiñan que pintar un debuxo e finalizaban con un obradoiro de pintacaras.
Deste xeito pretendemos familiarizar aos nenos coa biblioteca e acostumalos a visitala e disfrutala.