COMPOSTAXE DOMÉSTICO
A Deputación de Ourense, en colaboración coa Sociedade Galega de Medio Ambiente, ven de pór en marcha unha campaña informativa sobre a compostaxe doméstica (tratamento de residuos).
A campaña ten como obxectivo:
- Capacitar á poboación para fabricar compost a escala doméstica
- Concienciar á cidadanía sobre a problemática dos residuos
- Reducir o número de residuos que debe recoller o Concello.
- Entre os participantes repartirase un composteiro para que poidan levar a cabo a súa tarefa de reciclaxe. Os técnicos da Deputación de Ourense farán un seguimento para comprobar que se traten os residuos coa técnica correcta.
O Concello abriu o prazo de inscrición. Unha vez se teña a lista de apuntados darase a coñecer a data para a c elebración dunha xornada informativa entre todos os participantes.