Na ludoteca haberá actividades para os nenos o sábado pola tarde, a partires das 18:30h.
Dentro do programa de actividades do magosto, os máis pequenos tamén teñen o seu obradoiro. Traballar e xogar con castañas, follas, e todo o material de outono, así como debuxar, ou pintar a cara con motivos outonais serán algunhas das actividades que poderán disfrutar os máis pequenos acompañados das traballadoras da Biblioteca Municipal.
E como non, tamén correr uns tras outros para pintarse a cara cos restos dos tizóns de asar as castañas como é propio de todo o magosto.