CAMPAÑA DE COMPOSTAXE

Compartir

O Instituto Xermán Ancoechea Quevedo da Pobra de Trives e Instituto Carlos Casares de Viana do Bolo veñen de pór en marcha unha campaña para que neste Nadal ningún neno ou nena se quede sen o seu agasallo. Para conseguir este obxectivo os centros de ensino solicitan a vosa colaboración. Trátase de que cada veciño e veciña faga unha achega. Necesítanse: Xoguetes usados en bo estado. Libros de lecer, libretas, estoxos. Lápices de cores, ceras, rotuladores etcétera. Non é preciso mercar nada. Trátase de aprove

COMPOSTAXE DOMÉSTICO

A Deputación de Ourense, en colaboración coa Sociedade Galega de Medio Ambiente, ven de pór en marcha unha campaña informativa sobre a compostaxe doméstica (tratamento de residuos).
A campaña ten como obxectivo:

  • Capacitar á poboación para fabricar compost a escala doméstica
  • Concienciar á cidadanía sobre a problemática dos residuos
  • Reducir o número de residuos que debe recoller o Concello.
  • Entre os participantes repartirase un composteiro para que poidan levar a cabo a súa tarefa de reciclaxe. Os técnicos da Deputación de Ourense farán un seguimento para comprobar que se traten os residuos coa técnica correcta.


O Concello abriu o prazo de inscrición. Unha vez se teña a lista de apuntados darase a coñecer a data para a c elebración dunha xornada informativa entre todos os participantes.