O día 1 de novembro o Centro de Información á Muller (CIM) do Concello de A Pobra de Trives, organiza a "Festa Samaín" cun akelarre de meigas.
A cita é o domingo 1 ás 19:30 en Santa Leonor.
Serán varias as actividades que se poderán disfrutar na tarde do domingo, destacando a actuación de Muma´s Tribu, un grupo ourensán de danza tribal, danza que ten a súa orixe na danza oriental. Bailan Tribal Fusión e ATS ou American Tribal, desde un estilo máis libre a outro máis clásico pero os dous visualmente moi ricos.
Están dirixidas por Eva Domínguez, bailarina e coreógrafa, pioneira en Galicia en baile tribal.
Ademáis desta actuación haberá pócimas e brebaxes enfeitizados, historias de bruxas e meigas así como unha degustación de pinchos e bebida.
E para rematar a festa unha "Queimada" co seu conxuro que espante todos os males, e máis sorpresas.
Dende o CIM animan a todos a ir disfrazados terroríficamente para o evento.