II Desfile "Trives está de Moda"

Compartir

II Desfile "Trives está de Moda"

O vindeiro día 11 de xuño terá lugar en A Pobra de Trives o II Desfile “Trives está de Moda”.

O evento está organizado por un lado, polo Centro de Información a Muller (CIM) do Concello de A Pobra de Trives, co fin de romper canóns ou estereotipos e resaltando que na diversidade está a beleza; e polo outro lado, polas tendas de roupa: Vázquez Moda, Marnia (Celia), Deportes Matías, Mercería Puri; Perruquerías: Triskel, Mari Luz e Filo; Floristería La Rosa e Fotografía Codifoto. Éstas pretenden potenciar e dar a coñecer comercio local.

Colabora Disco Bady coa Megafonía e a música durante todo o evento.

O desfile de moda farase na Praza do Reloxo ás 20h. do sábado 11 de xuño.