Apertura das Piscinas Municipais - Verán 2016

Compartir

Apertura das Piscinas Municipais - Verán 2016

Estanse a preparar as Piscinas Municipais para a tempada 2016.
A súa apertura será o vindeiro venres 24 de xuño no seguinte horario: de luns a domingo, de 12 da mañá a 8 da tarde.

Para a retirada dos abonos deberán presentar nas Oficinas Municipais unha fotocopia do D.N.I. de cada membro que o solicite.
Para a entrada ao recinto da piscina deberán identificarse co DNI ao exhibir o abono.