Servizos Sociais

servizos sociais

 

Os Servizos Sociais comunitarios básicos teñen un carácter local, aberto e polivalente e constitúen a canle normal de acceso ao sistema de servizos sociais, co que se garante a universalidade do sistema e a súa proximidade ás persoas usuarias e aos ámbitos familiar e social.

 

Desenvolven as súas funcións, de maneira estruturada, por medio dos programas e servizos seguintes:

 

Programa de valoración, orientación e información.

 

Servizo de axuda no fogar: Ten como finalidade prestar un conxunto de atencións ás persoas ou familias no seu domicilio, desde unha perspectiva integral e normalizadora, para facilitar o seu desenvolvemento persoal e a permanencia no seu medio habitual, especialmente naquelas situacións en que teñan limitada a súa autonomía ou noutras situacións de risco social para as cales resulte un recurso idóneo. Dous sistemas: básico ou libre concorrencia e dependencia.

 

Servizo de educación e apoio familiar: Integra o conxunto de proxectos e servizos de apoio educativo e psicosocial dirixidos ás familias.

 

Programa básico de inserción social: Procura dar resposta ou derivar ao recurso idóneo as persoas en situacións ou risco de exclusión social, aplicando tanto proxectos de intervención social personalizados ou de grupo como prestacións económicas específicas.

 

• Programa de fomento da cooperación e solidariedade social: Facilita a participación comunitaria en tarefas colectivas, impulse o asociacionismo solidario e, en especial, a organización e coordinación do voluntariado social.

 

Na formulación e desenvolvemento dos programas básicos de actuación, os servizos sociais comunitarios incorporan a perspectiva de anticipación e prevención, tanto individual como familiar ou comunitaria, das situacións causantes da exclusión social, a dependencia e a desprotección.

 

Correo Electrónico: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

 

 

 

Share