Concellería de Servizos Sociais, Maiores e Saúde

JUAN CARLOS DOMÍNGUEZ GÓMEZ

 

A Concellería de Servizos Sociais, Maiores e Saúde integra as áreas relacionadas máis directamente coa igualdade e o benestar. Dende este departamento planifícanse, coordínanse e executanse todas as actuacións encamiñadas a conseguir unha sociedade máis integrada e menos desigual. Desevólvense por cada área accións dirixidas ao conxunto das persoas e accións particulares aos colectivos máis desfavorecidos. A Concellería coordina todos os órganos municipais encargados de prestar os servizos públicos e establece anualmente obxectivos coa finalidade de que a integración e a igualdade condicionen toda a acción do Goberno.

Share