Concellería de Cultura, Muller, Educación e Festas

ISABEL GONZÁLEZ FANDIÑO

 

A Concellería de Cultura, Muller, Educación e Festas divide a súa actuación en dous grandes bloques. Por unha banda a promoción da cultura en todas as súas manifestacións, tanto impulsando políticas públicas para favorecer o desenvolvemento cultural, como amparando iniciativas individuais e colectivas que  teñan como obxectivo a dinamización do tecido cultural e asociativo.

 

A promoción, conservación e renovación das festas tradicionais é outro dos obxectivos prioritarios da Concellería xa que todas as celebracións festivas constitúen un valor e son parte  do patrimonio inmaterial que cómpre protexer.

 

A Concellería de Cultura, Muller, Educación e Festas é a canle municipal para participar na construcción do sistema educativo e o vieiro para comprometer a vontade do Goberno na defensa da educación como a mellor garantía da igualdade de oportunidades. Finalmente, dende a área da Muller, e a través dos servizos municipais, impleméntanse as iniciativas necesarias para acabar coa discriminación das mulleres na sociedade e facilítanse medios humanos e materiais para loitar contra calquera situación de abuso.

Share