Alcaldía

FRANCISCO JOSÉ FERNÁNDEZ BLANCO

 

O alcalde da Pobra de Trives é o presidente da corporación municipal e asume a máxima representación da vila. Na súa condición de primeiro edil preside as sesións plenarias, a Xunta de Goberno e supervisa e coordina a acción de cada unha das concellerías.

 

O alcalde exerce directamente  as  súas competencias nas áreas de Economía e Facenda, Seguridade e Rexime Interior e Persoal. No área de Economía e Facenda encárgase da elaboración dos orzamentos, do control da súa execución e do peche do exercicio contable.

 

No referido a seguridade cidadá asume a dirección da Policía Local, dos servizos de Protección Civil e das Emerxencias. Dirixe e vela polo correcto funcionamento da administración municipal.

Compartir Face