I PIOM (2010-2013), Informe de Avaliación e II PIOM (2018-2021) do Concello da Pobra de Trives
No mes de maio do 2018, a corporación municipal aprobou por unanimidade o II Plan de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes 2018-2021 deste Concello. Este Plan, impulsado desde o Centro de Información á Muller, pretende ser o instrumento técnico e político que fortaleza o proceso de integración da igualdade de xénero e non discriminación no municipio, dando tamén resposta aos deberes normativos que toda administración pública ten neste eido. O texto íntegro pódese descargar no seguinte enlace:
|
![]()
Tras finalizar o proceso de implementación do I PIOM, a etapa de avaliación resulta un proceso fundamental para determinar o grao de cumprimento do mesmo e o alcance ou impacto de xénero que tiveron as accións executadas. Para consultar o informe da avaliación do I PIOM preme no seguinte enlace:
INFORME DE AVALIACIÓN DO I PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DA POBRA DE TRIVES (2010-2013)
|
Este I Plan de Igualdade pretendeu ser o marco de actuación e a ferramenta que facilite o impulso da igualdade dentro do Concello de A Pobra de Trives. Na súa elaboración tívose en conta a situación na que se atopan as mulleres e homes desta entidade e as aportacións do persoal político, técnico e outros axentes sociais que interveñen na mesma. Para ver este I PIOM preme no seguinte enlace:
I PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DA POBRA DE TRIVES (2010-2013) |