Guía de Linguaxe Non Sexista

 
 

Dentro das actividades organizadas polo Concello con motivo da celebración do Día das Letras Galegas 2019, o persoal técnico do CIM vén de elaborar e difundir un Tríptico de Recomendacións para o Uso dunha Linguaxe Non Sexistaentre o persoal municipal, outras administracións, entidades e veciñanza de A Pobra de Trives e da súa comarca.
Esta iniciativa, contemplada no II Plan de igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes do Concello de A Pobra de Trives, tenta ser un reflexo dos cambios sociais que se van producindo cos avances en igualdade, gañando en precisión lingüística sin esteriotipar ningún dos sexos, posto que a linguaxe é un poderoso instrumento de transformación cara á consecución última desa igualdade de oportunidades entre mulleres e homes en calquera sociedade democrática.

Para poder visualizar ou descargar o tríptico preme no seguinte enlace:

 

Tríptico de Recomendacións para o Uso dunha Linguaxe Non Sexista

 


**Para profundizar: Acceso ás recomendacións da utilización do Linguaxe non sexistas da páxina web Mulleres en Galicia, da Secretaría Xeral de Igualdade:

http://igualdade.xunta.gal/es/node/177

Compartir Face
 

  

 

logo CIM 2018