Quén somos?
QUEN SOMOS:
Somos un servizo de carácter permanente composto por unha psicóloga e directora e unha avogada destinado a proporcionar asesoramento xurídico, atención psicolóxica, orientación profesional, información en materia de recursos e calquera outra información encamiñada á consecución da igualdade entre a muller e o home. Así mesmo, proporciona ás mulleres información e asesoramento en materia de igualdade de oportunidades aos grupos de mulleres que de forma colectiva o demanden.
OBXETIVOS:
Obxectivo prioritario é a consecución da igualdade entre a muller e o home.
Dar unha resposta ás distintas demandas das mulleres a nivel formativo, informativo, lúdico e cultural.
Fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres na sociedade civil.
Promover o benestar individual e social das mulleres da Comarca de Trives.
Atención específica á mulleres vítimas de violencia de xénero, poñendo a súa disposición, facilitando ou informando sobre o acceso aos recursos existentes a través da xestión urxente cos servizos policiais, sanitarios, psicolóxicos, xudiciais,etc.
SERVIZOS QUE OFRECE O CIM:
Información e asesoramento xurídico (divorcios, impagos de pensións, situacións de malos tratos, agresións sexuais, solicitude de xustiza gratuita…..).
Atención psicolóxica (orientación psicolóxica, intervención individual, realización de prácticas de grupos e talleres de autoestima, h.s, etc).
Realización de conferencias, seminarios, obradoiros, cursos, etc.
Servizo de biblioteca da muller. Préstamo de libros, revistas, etc.
PRINCIPIOS DE ACTUACIÓN:
Anonimato na entidade das usuarias salvo decisión en contrarios de vos mesmas.
Confidencialidade e privacidade das comunicación salvo decisión contraria de vos mesmas.
Gratuidade dos servizos.
Respeto na búsqueda de posibles solución.
Contacto :
Teléfono: 988.33.00.12
Correo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Operación cofinanciada pola Unión Europea PO Fondo Social Europeo Galicia 2014-2020 |
Promover a igualdade, a saúde e a inclusión social O FSE inviste no teu futuro |
|
|