Benvida ao Concello da Pobra de Trives

Benvidos e benvidas á paxina web do Concello da Pobra de Trives. Esta nova ferramenta ponse ao servizo da veciñanza e ao conxunto de usuarios da rede. A páxina web do Concello de Trives nace coa vocación de converterse na plataforma a través da que Trives se proxecte na aldea global, ademais de ser unha ferramenta de axuda e de uso diario para toda a cidadanía.

A web municipal é a primeira ferramenta para coñecer a realidade da vida municipal. Todo o que se fai, impulsa ou promove dende o Concello está nesta páxina. Os seus contidos serán útiles, darán información e aclararán dúbidas a toda a poboación. Por iso está dotada de ferramentas que permitirán dirixirse ao alcalde, aos concelleiros e concelleiras e ao persoal administrativo. A través da nova páxina web tamén se poden facer trámites, descargar formularios e realizar peticións, que repercutirán na axilización dos procesos perante os poderes públicos.

Xunto coas funcións institucionais, o sitio oficial da Pobra de Trives na rede vai ser o escaparate do municipio no mundo. A nosa posición privilexiada e referenciada no turismo interior de Galicia vaise ver reforzada, xa que na nova páxina pódense ver vídeos, imaxes e unha guía de recursos que atraerán, aínda máis, aos amigos e visitantes. Trives ten vocación de liderazgo no sector turístico. Os visitantes atoparán, en Trives e na súa comarca, todo o necesario para reafirmarse na súa opción, xa que terán a súa disposición todos os recursos necesarios para pasar uns días entre nós.

Share