Desfile de Entroido Infantil

desfile infantil 

    O entroido sigue aquí e nós festexandoo todo o que podemos!!

    O luns, 27 de Febreiro no Concello de A Pobra de Trives temos a festa para cativos e cativas. Todos disfrazados e con ganas de pasalo ben.

    Ás 5 da tarde agardámosvos en Santa Leonor para lucir os mellores disfraces.

    Remataremos a festa cunha chocolatada para todos.

Share

24 de Febreiro - Día de Rosalía de Castro

16938574 656683074521801 4792609863144371174 n 
 O Concello de Trives, sumándonos a iniciativa da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) invita a conmemorar un ano máis o Día de Rosalía de Castro. O 24 de febreiro, fixado no Calendario do Libro e da Lectura como aniversario do nacemento da autora, dende este concello proponse as veciñas e veciños que agasallen cun libro en galego e unha flor, alén doutras accións que contan con grande aceptación e impulso por parte da sociedade, e moi especialmente polo sector educativo.
Share

Charla Programa Leader 2014-2020

 20170221 205434

 

   

    Na tarde do martes 21 de febreiro tivo lugar na Sala de Reunións do Concello de A Pobra de Trives a Charla dirixida polo Grupo de Desenvolvemento Rural Sil Bibei Navea, acerca das axudas do Programa Leader Galicia 2014-2020.

    Que tipo de proxectos son subvencionables ou quenes poden ser os beneficiarios de ditas axudas foron algúns dos puntos a explicar, así como as limitacións sectoriais que nos atopamos na estratexia de desenvolvemento.

    Falouse tamén do acordo de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e Agader no sector turístico.

    Ademáis de numerar cales son os gastos subvencionables ou ver a compatibilidade e acumulación de axudas, tamén se explicou o proceso de tramitación das axudas, prioridades das mesmas e a presentación da documentación necesaria dentro dos plazos requeridos.

    Dende o GDR ofrecen información e axuda para aqueles que queiran presentar algún proxecto amparándose a estas axudas.

    Aquí deixamos a dirección para aqueles que lles sexa de interese:

 

Asociación Sil-Bibei-Navea

Praza do Reloxo , 11
32780 A Pobra de Trives - Ourense.

Teléfono / Fax: 988 34 61 69
Móbil: 608 64 37 90

E-mail: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

Share

Folión dos nenos

fOLIN DE NENOS 

Dentro das actividades de entroido, dende o Concello de A Pobra de Trives queremos que os máis pequenos disfruten estes días todo o que se poda e sexan uns protagonistas moi especiais.

O venres 24 de Febreiro, pola tarde os nenos serán os reis do folión. O entroido vívese dende pequenos e eles mesmos farán soar os toques dos diferentes folións da zona polas rúas do pobo.

Un desfile dun Folión de Nenos que sairá arredor das 5 da tarde de Santa Leonor e despois de tocar por todo o pobo, rematarán na Praza do Pilón con festa para todos eles.

Share

Obradoiro de Disfraces para nenos

obradoiro de Disfraces 

    

    O mércores, día 22 de Febreiro, pola tarde, de 5 a 7, na Biblioteca Municipal de A Pobra de Trives, terá lugar un Obradoiro de Entroido no que cada cativo creará o seu propio disfraz. Este obradoiro vai dirixido a nenos e nenas que naceron entre  os anos 2003 e 2012.

Share

Charla acerca das axudas do Programa Leader

CARTEL A POBRA DE TRIVES 
    O vindeiro martes, día 21 de febreiro, na Sala de reunións do Concello de A Pobra te Trives, ás 20h. terá lugar unha Charla Informativa acerca das axudas do Programa Leader Galicia 2014 - 2020.
     Un dos obxetivos máis importantes destas axudas é fomentar a aparición de proxectos de creación de pequenas e medianas empresas ou facer investimentos en pequenas e medianas empresas novas promovidas por novos emprendedores para ampliar o seu novo establecemento, e tamén a renovación e mellora de negocios e empresas xa existentes.
Share